Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno asegura que a cooperante galega detida en Irán está "en boas condicións"

O Goberno asegura que a cooperante galega detida en Irán está "en boas condicións"

O delegado do Goberno en Galicia asegura que "os familiares están en contacto con ela a través da embaixada"

G24.gal 14/11/2022 14:01

O Ministerio de Exteriores intensifica as xestións para conseguir a liberación da cooperante galega retida en Irán. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, confirma que se atopa ben e que todos os esforzos se centran agora nas negociacións para poder liberala.

"Os familiares están en contacto con ela a través da embaixada", dixo Miñones.

"Sabemos que está en boas condicións e agora o importante é seguir avanzando no que son as negociacións", asegurou o delegado do Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade