Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno aumenta a 11 horas o límite de condución diario polo paro dos transportistas

O Goberno aumenta a 11 horas o límite de condución diario polo paro dos transportistas

A semana pasa dun máximo de 56 horas por un de 60 horas

Os requisitos de descanso diario de once horas modifícase de maneira excepcional por un de nove horas

G24.gal 22/03/2022 09:45

O paro de transportistas, que este martes fai o seu noveno día, fixo que o Goberno modifique "temporalmente" á alza os límites de condución e diminúen os de descanso nas operacións de transporte de mercadorías en todo o territorio nacional.

Segundo unha resolución da Dirección Xeral de Transporte Terrestre que se publica no BOE, estas excepcións estarán vixentes desde o pasado 17 de marzo e ata o próximo 27 de marzo.

De acordo coa resolución, substitúese no citado período o límite de condución diario máximo de nove horas por un de once horas. A semana pasa dun máximo de 56 horas por un de 60 horas. O límite de condución bisemanal máximo de 90 horas pasa a ser temporalmente de 102 horas.

Os requisitos de descanso diario de once horas modifícase de maneira excepcional por un de nove horas e establécese a posibilidade de tomar dous descansos semanais reducidos consecutivos de polo menos 24 horas, sempre que se adopte a compensación dos mesmos unida ao seguinte descanso semanal normal.

Contra esta resolución pode interpoñerse recurso de alzada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da publicación no BOE.

Controis de xornada de traballo

A Dirección Xeral de Transporte Terrestre publica no BOE a transposición ao ordenamento xurídico español da directiva que establece os controis mínimos sobre as xornadas de traballo dos condutores no transporte por estrada. 

A partir de agora os controis en estrada efectuaranse con rapidez e eficacia, para que se realicen no menor tempo posible co menor atraso para os condutores.

Os órganos competentes deberán organizar un sistema de controis regulares de maneira que se controle, polo menos, o 3 % das xornadas de traballo dos condutores de vehículos aos que se aplican os regulamentos (CE) 561/2006 e (UE) 165/2014.

Polo menos o 30 % do número total das xornadas de traballo controlaranse en estrada e ao menos o 50 % nos locais das empresas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade