Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno autoriza o CNI a colaborar co xuíz que leva o caso Pegasus

O Goberno autoriza o CNI a colaborar co xuíz que leva o caso Pegasus

O executivo asegura que se trata "dun trámite formal"

Os partidos independentistas reclaman que se desclasifique toda a información relativa á espionaxe co programa Pegasus

G24.gal 24/05/2022 14:54

O Consello de Ministros autorizou este martes ao Centro Nacional de Intelixencia (CNI) a que colabore co xuíz da Audiencia Nacional que investiga a espionaxe aos teléfonos móbiles do presidente do Goberno e dos ministros de Defensa e Interior. Na conferencia de prensa posterior, a voceira do executivo, Isabel Rodríguez asegurou que se trata dun "trámite formal".

Aínda así, tanto Unidas Podemos como os partidos nacionalistas pídenlle ao Goberno que se desclasifique toda a información do caso Pegasus, non só a que solicita a xustiza. Para o voceiro de UP, Pablo Echenique, "sería boa idea desclasificar aqueles documentos que teñen que ver coa espionaxe aos partidos independentistas".

A deputada da CUP Mireira pregúntase se "só se desclasifica o do presidente por que é máis importante que os dos líderes independentistas".

Pedro Sánchez comparecerá este xoves no pleno do Congreso para informar do caso Pegasus. Os partidos independentistas reclaman explicacións detalladas por parte do presidente do Goberno.

Por outra banda, o PSOE volveu vetar hoxe no Congreso, xunto co PP e Vox, a creación dunha comisión de investigación sobre o asunto. Segundo o voceiro socialista, entenden "que non é o cauce" e derivan as pesquisas á Comisión de Segredos Oficiais.

O goberno tensiona, deste xeito, a súa relación cos socios parlamentarios. Dende Junts, Míriam Nogueras avisa de que non apoiarán o executivo "mentres non amose unha clara vontade de investigar". Para o voceiro de ERC, Gabriel Rufián "as relacións están vivindo o seu peor momento".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade