Publicador de contidos
Publicador de contidos

O goberno busca uns novos orzamentos, por Venancio Salcines

OPINIÓN

O goberno busca uns novos orzamentos, por Venancio Salcines

G24.gal 11/09/2024 08:36

Vivimos cuns orzamentos prorrogados e ninguén descarta que volvamos ter que facelo. Dito isto, o goberno vai facer o posible por sacalos, e se non é o caso, que quede ás súas costas un debate político que lastre os outros, non a eles.

Hai uns días o presidente Sánchez falaba de vivenda e dunha maior carga fiscal aos patrimonios ociosos, facíao con nesgo claramente populista e buscando a rendibilidade política das súas declaracións.

O martes, onte, o Consello de Ministros deu os primeiros pasos e aprobou a senda de déficit público para os catro seguintes anos. Obxectivo? O 1,8 % no 2027, e marcou a débeda para ese mesmo ano no 99,7 %. Podería ser mais ambicioso? Si, pero a política de pactos require de cesións territoriais e de moito, moito diñeiro. Estes tempos de alianzas complexas lévanse mal cos axustes orzamentarios.

Tamén aprobou unha nova regra de gasto, que é un instrumento de disciplina orzamentaria  que limita o gasto no financeiro, é dicir, o gasto non destinado a pago de débeda ou intereses, aos ingresos estables e sostibles no tempo. A mellora da nosa economía permite levalo, o ano que vén, ao 3,2 %, o que supón 6.138 millóns mais que no 2024. Para 2026 marca un 3,3 % e para o 2027 un 3,4 %.

A nova senda permitiría incrementar o gasto en 11.500 millóns a autonomías (6.600) e concellos (4.950) os próximos dous anos. Dadas as dificultades do goberno para aprobar os orzamentos é previsible que vexamos a ministra de facenda botarlle en cara, un día tras outro, ao Partido Popular que as súas autonomías e concellos non teñen mais orzamento por darlle as costas á política presupostaría do goberno. E dicir, se perden, que sexa gañando o debate político.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade