O Goberno comprométese a que estea listo en 2024 o viaduto do Castro da A-6
O Goberno comprométese a que estea listo en 2024 o viaduto do Castro da A-6
Un dos sentidos, o de dirección Madrid, xa estaría operativo este mesmo ano e o da Coruña en 2024
Asegurouno o secretario de Estado, Francisco Javier Flores, na súa visita esta mañá á comarca de Valdeorras
Malia que o Goberno central traballará nos dous viadutos da A-6 por separado non quedarán afectados os prazos.
Aseguran dende o Goberno central que manteñen o compromiso. En 2024 poderase circular con normalidade pola A-6 e xa a finais deste ano dispoñer do dobre sentido no viaduto cara a Madrid.
O Goberno está tamén a reparar os fallos de impermeabilización detectados en dous viadutos da A-52 ao seu paso por Allariz e A Valenzá e construídos do mesmo xeito que os da A-6. O Goberno fala de traballos moito menos complexos.
O secretario de Infraestruturas do Goberno de España, Francisco Javier Flores, visitaba a comarca de Valdeorras, onde se comprometeu a construír unha circunvalación que saque do centro do Barco o tráfico de camións. Circulan a diario máis de 200 e 2000 vehículos convencionais.
Anunciou ademais a licitación antes de finais deste ano dunha infraestrutura clave na zona, o primeiro tramo da A-76 que uniría Ourense e Ponferrada, e tamén a mellora da nacional 120 cun terceiro carril de 15 quilómetros dende Guítara ata a cidade de Ourense.