Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno cre que a causa por terrorismo a Puigdemont "non interfire" na amnistía

O Goberno cre que a causa por terrorismo a Puigdemont "non interfire" na amnistía

María Jesús Montero, vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, asegura que non é "ningunha sorpresa" que o Tribunal Supremo vaia investigar a Puigdemont por terrorismo

G24.gal 01/03/2024 12:04

A vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero, dixo que non é "ningunha sorpresa" que o Tribunal Supremo vaia investigar o expresidente catalán Carles Puigdemont por terrorismo e sostivo que iso non debe provocar "ningunha interferencia" nas negociacións sobre a amnistía.

En declaracións aos xornalistas antes de visitar o DFactory do Consorcio da Zona Franca de Barcelona (CZFB), Montero asegurou con relación á decisión do Supremo e a lei de amnistía: "Non provoca ningunha interferencia, nin para ben nin para mal".

"Sempre dixemos que sabemos perfectamente que é terrorismo e que non o é", insistiu Montero, que mostrou en calquera caso o seu "respecto" ao traballo da Xustiza e da Fiscalía -que, neste caso, opinaba que non se debe investigar por terrorismo-.

Sobre as negociacións con Junts para a lei de amnistía, sinalou que se traballa con "discreción" para alcanzar un acordo.

Montero asegurou que "a amnistía é imprescindible para pasar páxina" máis aló do que poida suceder con "particulares ou tribunais".

Tamén afirmou que "a aposta do Goberno de España polo reencontro transcende a propia lexislatura". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade