Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno dá por validada a reforma laboral, que se vota este xoves no Congreso

O Goberno dá por validada a reforma laboral, que se vota este xoves no Congreso

O Goberno busca os últimos apoios para a reforma laboral

Algúns partidos din que non se conta con eles para a negociación

Esquerra Republicana de Catalunya, Bildu e PNV seguen resistíndose ao apoio

G24.gal 01/02/2022 21:11

O Goberno dá case por aprobada a reforma laboral no Congreso co apoio de Ciudadanos, Más País, Compromís, o PDeCat e outros partidos minoritarios. 

Héctor Gómez, voceiro do PSOE no Congreso: "Falamos con todos os grupos parlamentarios, somos optimistas en canto á validación do decreto e queremos o maior apoio da Cámara".

Pero algúns partidos bótanlle en cara á ministra Yolanda Díaz que non se puxese en contacto con eles para negociar o seu apoio.

Néstor Rego, BNG: "O Ministerio non amosou interese ningún por convencer o Bloque nin por negociar co BNG".
Mireia Vehí, CUP: "Que non nos chame Podemos nin a ministra é bastante explicativo do que está sucedendo".

Yolanda Díaz volveu insistir en que están negociando con todos os grupos parlamentarios e agradeceu os últimos apoios de Teruel Existe, Partido Rexionalista de Cantabria, Nueva Canarias e Coalición Canaria. E amosouse así de rotunda cos que están fóra do acordo.

"Os que estean dentro do non terán que explicarlles aos traballadores por que se levantan o venres cunha perda dos seus dereitos, iso é o que está en xogo este xoves", asegurou Yolanda Díaz. 

Din que as portas seguen abertas para Esquerra, Bildu e PNV. En menos de 48 horas saberemos cales son os apoios do Goberno para a votación no Congreso desta validación da reforma laboral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade