Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno e EH Bildu pactan subir ata un 30 % a pensión mínima de viuvez

O Goberno e EH Bildu pactan subir ata un 30 % a pensión mínima de viuvez

A cambio dese incremento, EH Bildu votará a favor da reforma das pensións

Amais desta suba, tamén acordaron consolidar por lei o aumento do 15 % das pensións non contributivas

EFE 16/03/2023 16:25 Última actualización 16/03/2023 16:32

EH Bildu pactou co Goberno o seu apoio á reforma de pensións a cambio dunha suba das pensións mínimas de viuvez entre 2024 e 2027, que será do 17 % para as individuais e do 30 % para a modalidade con cargas familiares, para equiparalas ás pensións mínimas contributivas.

Segundo anunciou a portavoz do grupo, Mertxe Aizpurua, a suba será maior o primeiro ano (2024) cunha alza desde 40 euros ao mes para as pensións individuais, ata 126 euros máis ao mes para as de viuvez con cargas familiares.

De acordo cos cálculos de EH Bildu, en catro anos as pensións mínimas de viuvez acumularán subas de entre 1.453 e 3.828 euros anuais, de forma que ningunha pensión de viuvez quede por baixo do limiar da pobreza.

Ademais, pactouse a consolidación por lei o aumento do 15 % das pensións non contributivas que EH Bildu acordou co Goberno para dous anos e que seguirá aplicándose tamén a partir de 2024, segundo comunicou a formación nunha nota. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade