Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno e os sindicatos pactan 29.578 prazas de emprego público

O Goberno e os sindicatos pactan 29.578 prazas de emprego público

O acordo incorpora medidas para axilizar os procesos selectivos 

 Os sindicatos fala dun importante avance na recuperación do emprego público perdido 

G24.gal 23/05/2022 19:24

O Goberno e os sindicatos do ámbito público acadaron un acordo para ofertar 29.578 prazas de emprego na Administración Xeral do Estado en 2022. Do total, 15.880 son de novo ingreso, 9.591 de promoción interna e 4.107 de estabilización, segundo informaron CSIF, CCOO e UXT.

"Trátase da maior oferta de emprego público da historia" que ten como obxectivo "garantir a axeitada cobertura de efectivos" e "prestar uns servizos públicos en condicións óptimas", informou o CSIF nun comunicado.

UXT sinalou que o acordo incorpora medidas para axilizar os procesos selectivos a través do diálogo social para que a cobertura das prazas sexa máis rápida e aproximar, o máximo posible, o momento de incorporación dos novos efectivos á publicación da oferta.

O texto tamén contempla a necesidade de realizar unha planificación a varios anos para reducir o déficit de persoal, a acumulación das prazas non convocadas e que os procesos de mobilidade ou de promoción interna sexan compatibles cos procesos de estabilización.

Pola súa banda CCOO explica que supón un avance na recuperación do emprego público perdido nos últimos anos.

"A acumulación das convocatorias pendentes e a súa publicación neste mesmo ano, agardamos que bote freo á destrución de cadros de traballadores cos importantes prexuízos que iso supón para a ciudadanía", argumentaba CCOO

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar