Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno eliminará a cita previa obrigatoria para trámites na Administración Pública

O Goberno eliminará a cita previa obrigatoria para trámites na Administración Pública

Tamén buscarán dotar a Administración Xeral do Estado dunha linguaxe clara e fácil

G24.gal 31/01/2024 16:14 Última actualización 31/01/2024 17:12

"Para interaccionar coa Administración non fai falta ter unha cita previa obrigatoria", recalcou o ministro de Transformación Dixital e da Función Pública, José Luis Escrivá, durante a súa comparencia na Comisión de Facenda e Función Pública celebrada este mércores no Congreso dos Deputados.

Este cambio farase a través dun anteproxecto de lei para modificar o artigo 14 da Lei de Procedemento Administrativo Común, unha modificación que levará "canto antes" ao Congreso dos Deputados para mellorar a relación entre os cidadáns e os servizos públicos.

A fin da cita previa obrigatoria forma parte dun novo modelo da Administración Pública que a carteira de Escrivá quere impulsar nesta lexislatura e onde se inclúe tamén a reforma do portal web da Administración Pública.

Así mesmo, o titular de Función Pública indicou que se buscará dotar á Administración Xeral do Estado dunha linguaxe clara e fácil a través dun xestor documental único para o que tamén están a usar a Intelixencia Artificial.

Así mesmo, buscarán potenciar o uso do teléfono 060, con especial atención a colectivos vulnerables, para os que é máis difícil interrelacionarse coa Administración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade