O Goberno entregará a partir de abril tarxetas moedeiro para familias vulnerables
O Goberno entregará a partir de abril tarxetas moedeiro para familias vulnerables
O Consello de Ministros aproba este martes a subvención de cen millóns de euros anuais
O novo modelo asistencial substitúe a entrega directa de alimentos e prima a capacidade de decisión dos fogares
A tarxeta é recargable por mensualidades en función das necesidades dos beneficiarios ata un período máximo dun ano
O sistema é provisional ata que as comunidades autónomas consigan un acordo marco
O plan estará vixente sete anos para dar cobertura a unhas 10.000 familias cada exercicio
O Goberno entregará a partir de abril e ata final de ano a través de Cruz Vermella tarxetas moedeiro destinadas a familias vulnerables con fillos que poderán trocar en supermercados por diversos produtos, sobre todo de alimentación e hixiene.
Deste xeito ponse en marcha un novo modelo de atención que o Goberno cualifica menos estigmatizante socialmente tal e como aseguraba o ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, Pablo Bustinduy
A tarxeta é recargable por mensualidades en función das necesidades dos beneficiarios ata un período máximo dun ano
O decreto aprobado este martes concede a Cruz Vermella unha subvención de cen millóns de euros para implementar este ano o programa do Fondo Social Europeo Plus de asistencia material básica para familias con fillos en situación de pobreza severa (con ingresos inferiores ao 40 por cento da renda media).
O novo programa, financiado con fondos europeos, substitúe a entrega directa de alimentos a estas familias, tal e como se acordou coas comunidades autónomas. Dirixido a uns 70.000 fogares, a contía das tarxetas fíxarase en función do número de membros das familias: un adulto e un menor 130 euros ao mes, un adulto con dous menores 160 euros, catro membros 190 euros e cinco membros ou máis 220 euros.
As tarxertas recárganse por un, dous ou tres meses, e poden manterse ata un período máximo dun ano. O sue onxectivo é paliar a pobreza infantil en España e mellorar a calidade de vida das familias mías vulnerables, segundo afirmou o responsable do Ministerio de Dereitos Sociais.
Goberno e comunidades acordaron a finais de 2021 un cambio de modelo que debía poñerse en marcha o próximo mes de abril, pero, ante a ausencia dun acordo marco para a súa implementación por parte das comunidades, Dereitos Sociais decidiu "de maneira extraordinaria e provisional" xestionalo para que estea a punto nesa data e non haxa problemas de cobertura de alimentos.
Esa data coincide co final do programa europeo que financiaba a repartición de axuda a través dos Bancos de Alimentos e Cruz Vermella para grupos desfavorecidos
O financiamento este ano corre a cargo da parte estatal do Fondo Social Europeo Plus, e por tanto as comunidades poden reservar ata o próximo ano o tramo autonómico. O programa, que se manterá durante sete anos, está dotado cada exercicio con cen millóns de euros para a atención dunhas 10.000 familias con fillos en situación de pobreza severa.
Desde Dereitos Sociais recoñecen que se trata dun programa limitado e que non cobre todas as necesidades de alimentación e lembran que pode ser completado en función das necesidades polos servizos sociais das comunidades que os atenden.
As familias que reciban estas tarxetas poden seguir recorrendo a outras axudas facilitadas polas entidades sociais, como os Bancos de Alimentos, que seguirán funcionando e recibindo financiamento por outras vías, como a recadación da casa do 0,7 % da renda e doutros programas.