Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno equipara o tabaco de quentar co tradicional e veta os aromas

O Goberno equipara o tabaco de quentar co tradicional e veta os aromas

Quedará prohibida a venda do tabaco de quentar con aromas e a comercialización de produtos como filtros, papeis para fumar, envases ou cápsulas

A norma non afecta os vapeadores, en cuxa regulación traballa Ministerio de Sanidade

G24.gal 16/01/2024 15:22 Última actualización 16/01/2024 22:10

O Goberno aprobou este martes ao real decreto que equipara a regulación do tabaco de quentar ao tradicional, polo que prohibe a venda de todos os produtos con aromas, desde filtros a papeis de fumar ou cápsulas que modifiquen o sabor. Se ben a nova normativa só afecta o tabaco de quentar e non os vapeadores, en cuxa normativa aínda está a traballar o Ministerio de Sanidade.

O Goberno traspón así unha normativa da Unión Europea e que entrará en vigor tres meses  despois da súa publicación no BOE. A partir dese momento, na etiquetaxe embalaxe exterior dos produtos de tabaco quentado deberán incluír dous elementos: a mensaxe informativa "O fume do tabaco contén máis de 70 substancias canceríxenas" e as fotografías en cor especificadas xa no empaquetado dos cigarros.

Con esta reforma, quedará prohibida a venda do tabaco de quentar que contén aromas, e a comercialización de produtos que conteñan aromatizantes nos seus compoñentes, ou calquera outra técnica que permita modificar o cheiro sabor dos produtos do tabaco ou intensificar o fume aos produtos do tabaco quentado. Ademais, os filtros, papeis e cápsulas non poderán conter tabaco nin nicotina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade