Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Asociación Española Contra o Cancro quere concienciar os máis novos para que non fumen ou deixen de facelo

A Asociación Española Contra o Cancro quere concienciar os máis novos para que non fumen ou deixen de facelo

O tabaco está relacionado con 16 tipos de cancro e mata ao ano en España 63.000 persoas

Crece un dez por cento o consumo de vapeadores: un de cada dous estudantes de 14 a 18 anos probouno

Persoal do Sergas e da Asociación Española Contra o Cancro informa sobre como deixar de fumar

G24.gal 31/05/2024 13:27

Os pneumólogos advirten: vapear é igual de prexudicial para a saúde como fumar cigarros. Hoxe, 31 de maio, é o Día Mundial sen Tabaco, e dende a Asociación Española Contra el Cáncer queren concienciar os máis novos para que non fumen ou deixen de facelo. E isto inclúe os vapeadores, o produto máis consumido entre os 13 e 14 anos.

Moitas das substancias que se empregan nos vapeadores son carcinóxenas. O consumo de cigarros electrónicos medrou en só dous anos un dez por cento, entre os 14 e os 18 anos un de cada dous mozos xa o probaron.

O tabaco mata unha persoa cada dez minutos en España. Pero pode deixar de fumar, en Atención Primaria poden axudalo agora con tratamentos financiados pola Seguridade Social cunha efectividade do 90 por cento. É a información que hoxe trasladan á poboación en centros de saúde de Ourense.

A Asociación Española contra o Cancro está a impulsar que no 2030 teñamos a primeira xeración libre de tabaco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade