Este luns celébrase o Día Internacional da Xuventude
Este luns celébrase o Día Internacional da Xuventude
Creouno a ONU no 2000 para debater sobre os problemas da mocidade e promover a súa implicación na vida política, social e cultural
Hoxe celebramos o Día Mundial da Xuventude, efeméride creada por Nacións Unidas para chamar a atención sobre os problemas da xente moza e promover a súa participación social e política. O concepto vai máis alá dunha franxa de idade concreta, así que preguntamos na rúa que é iso de ser ou sentirse novo.
Para moitos nada ten que ver coa cantidade de anos que un vaia acumulando. Aínda que comunmente podemos fixar unha franxa que defina esa etapa da vida.
Se atendemos aos cambios físicos, pouco debate pode haber. Porén, se poñemos o foco na mente e sobre todo na actitude ante a vida, cabe algunha coincidencia sobre os trazos que definen á mocidade como inconformista, rebelde e con ganas de cambios.
A ONU creou o día internacional da xuventude no ano 2000 coa idea de falar dos problemas da mocidade, pero tamén para promover a súa participación activa na vida política, social e cultural.