Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os expertos alertan dos perigos de saltar ao mar desde o peirao en Vigo

Os expertos alertan dos perigos de saltar ao mar desde o peirao en Vigo

Máis do 5 % das lesións medulares son como consecuencia de impactos sobre a auga

Salto ao mar desde o peirao en Vigo
G24.gal 05/08/2024 16:06

Pola mañá o espigón do Museo do Mar de Vigo está baleiro de bañistas. En cambio polas tardes é un fervedoiro de rapaces que se tiran ao mar a pesar das indicacións que expresamente o prohiben.

Polo de agora non houbo problemas, pero moitos veciños da zona temen que calquera día ocorra un accidente, sobre todo porque as mareas son moi traizoeiras á hora de calcular a profundidade da auga.

E o perigo non só está nas mareas. Aos rapaces gústalles facer piruetas, competir e ás veces non miran se poden caer sobre outra persoa.

O do espigón de Alcabre é un exemplo, pero o certo é que agora no verán polos peiraos e pontes de toda a costa repítense escenas semellantes. E os expertos alertan: máis do 5 % das lesións medulares son como consecuencia de impactos sobre a auga.

Nunca tirarse de cabeza e sempre asegurarse da suficiente profundidade, son as recomendacións máis insistentes dos expertos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar