Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno estuda retirar en decembro a rebaixa do IVE e os descontos ao gas e á electricidade

O Goberno estuda retirar en decembro a rebaixa do IVE e os descontos ao gas e á electricidade

Os alimentos que agora están exentos de IVE, é dicir os de primeira necesidade, subirán un 4 %

G24.gal 22/09/2023 14:38

As medidas que puxo en marcha o Goberno central para facer fronte á inflación poderían ter os días contados. A posible retirada da baixada do IVE dos alimentos inquieta aos fogares porque a cesta da compra continúa en ascenso.

A partir do 31 de decembro de non prorrogarse as axudas os alimentos de primeira necesidade neste momento exentos de IVE volverán a tributar ao 4 %. No caso do aceite, a pasta ou os cereais pasarán do cinco ao dez por cento do IVE.  

O Goberno central estuda retirar as rebaixas pese o risco inflacionista do que advirten os expertos. 

A decisión suporá un aumento da recadación de impostos pero terá un impacto directo no peto dos cidadáns.

A final de ano caducan a maioría dos paquetes de axudas, tamén os descontos dos impostos ao gas e a electricidade, como a diminución do IVE ao gas natural, pellets de biomasa e leña para calefacción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade