Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno galego critica a decisión de Renfe de devolver a metade do billete a partir da hora de atraso

O Goberno galego critica a decisión de Renfe de devolver a metade do billete a partir da hora de atraso

Ata agora devolvían esa cantidade cando o tren pasaba da media hora de atraso

G24.gal 13/06/2024 16:46

O Goberno galego critica a decisión de Renfe de ser menos esixente coa puntualidade dos trens.

Dende o mes que vén só se poderá reclamar a devolución da metade do prezo do billete se o tren se atrasa máis dunha hora.

E para recuperar o billete íntegro, a demora ten que ser de máis de 90 minutos.

A Xunta teme que Renfe estea asumindo os atrasos como algo habitual e normal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade