Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno impugnará en dez días o veto de Bruxelas á pesca de fondo

O Goberno impugnará en dez días o veto de Bruxelas á pesca de fondo

A Xunta anuncia que explorará todas as vías legais para paralizar a medida

G24.gal 16/09/2022 20:27 Última actualización 17/09/2022 14:13

España tentará parar o veto de Bruxelas á pesca de fondo en 87 áreas mariñas europeas.

Será en dez días, nun Consello de Agricultura onde por agora xa conta co apoio de Francia.

O Goberno agarda que a Comisión Europea non adopte esa prohibición sen ofrecer novos informes científicos.

Desde Galicia a Xunta e o sector pesqueiro únense para dar a batalla contra a prohición da pesca de fondo en caladoiros tan importantes como é o Gran Sol.

O Goberno galego anuncia que vai explorar todas as vías legais para recorrer a decisión de Bruxelas.

 "Unha decisión moi mediambientalista por parte da Comisión e que pensa moi pouco na parte social e económica. Esperamos que recapacite e que rectifique esta decisión que acaba de tomar", di a conselleira do Mar, Rosa Quintana.

O sector denuncia que se trata dunha decisión política, que non conta cos informes de impacto socioeconómico preceptivos.

"España debería sen dúbida recorrer este atropelo xurídico, sobre todo pola mala praxe que está detrás e o precedente que senta", di Iván López, Presidente da Alianza Europea de Pesca de Fondo.

A prohibición aféctalles non só aos buques de arrastre, senón tamén aos do palangre de fondo, á volanta e ás nasas. Segundo a Consellería, preto de 200 barcos que traballan entre o Gran Sol e o litoral verán comprometido o seu futuro.

"Son os que abastecen o mercado de especies moi cobizadas, como a pescada, o peixe sapo ou meiga", explica Javier Touza, presidente da Asociación de Armadores de Vigo.

A Xunta vai buscar aliados no resto de autonomías e rexións europeas con intereses similiares para defender a supervivencia dun sector clave para a economía galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade