Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno inxectará 15 millóns de euros na planta de hidróxeno renovable de Meirama

O Goberno inxectará 15 millóns de euros na planta de hidróxeno renovable de Meirama

O Ministerio para a Transición Ecolóxica incluíu o proxecto na resolución provisional de axudas para impulsar a produción de hidróxeno renovable

A planta que proxectan Naturgy, Repsol e Reganosa en Meirama recibirá un financiamento de quince millóns de euros

G24.gal 15/03/2023 13:15

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) incluíu un novo proxecto galego na resolución provisional de axudas para impulsar a produción de hidróxeno renovable. Trátase da planta que Naturgy, Repsol e Reganosa proxectan en Meirama para a que o Goberno outorga un financiamento de quince millóns de euros.

Así o anunciou a directora do Instituto para a Transición Xusta (ITJ), Laura Martín, na inauguración dunha xornada sobre o convenio de transición xusta en Cerceda (A Coruña). No acto resaltou que o proxecto de Meirama será "unha realidade a curto prazo". O delegado do Goberno en Galicia José Miñones destaca:

"Ábrese unha grande oportunidade para Galicia, para os concellos e tamén para as empresas e as persoas emprendedoras".

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais asegurou que a Xunta defende que Cerceda siga sendo un dos "motores enerxéticos" de Galicia a través do binomio industria-sustentabilidade.

Tamén argumentou que a transición enerxética é "necesaria", pero engadiu que require dunha planificación ordenada e, sobre todo, expuxo, de non deixar atrás ao tecido industrial. Por iso, apelou a unha transición ligada á industria, vinculando os proxectos enerxéticos ás grandes iniciativas industriais.

Na xornada, celebrada en Cerceda, participan representantes dos municipios incluídos neste convenio, organizacións empresariais e sindicais, ademais de empresas e asociacións, entre outros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade