Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno municipal de Compostela afronta a segunda crise de goberno en dous meses

O Goberno municipal de Compostela afronta a segunda crise de goberno en dous meses

O edil de Medio Rural dimite tras denunciar a oposición a relación cunha empresa a que lle alugara unha nave de servizos

G24.gal 18/01/2023 14:19

Hai cambios no Goberno municipal de Santiago despois de que este mediodía presentase a súa dimisión o concelleiro do Medio Rural. José Manuel Pichel renuncia ao seu cargo a catro meses das eleccións tras coñecerse que contratou o alugueiro dunha nave de servizos a unha empresa a que estivo vencellado. O Partido Popular xa pedira o cesamento do edil.

"Non actuei de mala fe nin houbo ningún tipo de rédito nin enriquecemento persoal pola miña parte. Con todo cometín un erro ao non comunicar nin ao Alcalde nin ao resto de compañeiros da Xunta de Goberno que tivera unha relación accionarial coa empresa propietaria do inmoble".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade