Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno non prevé reunirse con Arabia Saudita para tratar a entrada de STC en Telefónica

O Goberno non prevé reunirse con Arabia Saudita para tratar a entrada de STC en Telefónica

"O Goberno vai velar sempre, como vén facendo en todos os ámbitos, polos intereses estratéxicos das empresas españolas e de España", di o ministro de Exteriores

G24.gal 07/09/2023 14:56 Última actualización 07/09/2023 15:22

O ministro de Exteriores en funcións asegura que "non hai unha reunión prevista con Arabia Saudita. Estamos analizando a información neste momento".

"O máis importante", di José Manuel Albares, "é que os españois poden estar moi tranquilos porque o Goberno vai velar sempre, como vén facendo en todos os ámbitos, polos intereses estratéxicos das empresas españolas e de España".

Este mércores o presidente de Telefónica, José María Álvarez-Pallete, e o conselleiro delegado da compañía, Ángel Vilá, emprenderon unha viaxe a Arabia Saudita para entrevistarse coa cúpula da operadora STC Group e as autoridades do país para coñecer as súas intencións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade