Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno pide ao PP transparencia polos seus contactos con Junts sobre amnistía e indultos

O Goberno pide ao PP transparencia polos seus contactos con Junts sobre amnistía e indultos

Ayuso non ve “xiro” en Feijóo, senón o PSOE agarrado a “un cravo ardendo”

G24.gal 12/02/2024 10:02 Última actualización 12/02/2024 14:49

A vicesecretaria xeral do PSOE e vicepresidenta do Goberno, María Jesús Montero, acusou ao líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, de mentir aos españois e fomentado a crispación "co único afán de desestabilizar" o Executivo, e pediulle que pida perdón e dea explicacións.

En declaracións remitidas aos medios desde a sede do PSOE en Ferraz, Montero cargou contra a "mentira" e "hipocrisía" do PP en relación a Cataluña, despois de que transcendese que os populares estudaron durante 24 horas a legalidade da lei de amnistía antes de descartala e que Feijóo estaría aberto a un indulto condicionado ao expresidente catalán Carles Puigdemont.

"O PSOE esixe ao PP e a Feijóo que dea explicacións sobre o contido das súas reunións con Junts, que pida perdón por mentir aos españois e por fomentar a crispación co único afán de desestabilizar o Goberno e facer ruído desde a mentira", dixo.
 

Na súa opinión, a postura que desvelou agora o PP sobre Cataluña pode deberse a unha "reacción de pánico" tras unha carta de Puigdemont aos eurodeputados na que dixo que "todo se saberá", en referencia aos contactos dos populares con Junts para a investidura de Feijóo, ou ben puido ser "unha voadura controlada"."Se é controlado ser, como será o que non teñan baixo control", ironizou.

As explicacións de Feijóo

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo deu este domingo explicacións sobre os contactos con Junts, que trasladaron fontes do PP.

Así, en declaracións aos xornalistas en Ferrol, sostivo: "Dixen que non, dixen que non e sigo dicindo que non a calquera amnistía por dúas razóns: porque é ilegal, inconstitucional e porque rompe o principio de igualdade de todos os españois".

"Dixen e digo que non a calquera tipo de indulto porque non se dá nin unha soa das condicións para ningún posible indulto", agregou e, sobre o terrorismo, defendeu que se debe investigar "calquera presunto acto de terrorismo ou calquera conexión presunta entre o independentismo e o réxime de Putin". 

Ayuso non ve “xiro” en Feijóo, senón o PSOE agarrado a “un cravo ardendo”

A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, non ve “ningún xiro” do presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, con respecto á súa opinión contra os indultos e a amnistía, pero cre que o PSOE “se está agarrando a un cravo ardendo” na recta final das eleccións galegas e tentando “meternos a todos no mesmo saco”.

Nunha entrevista en Telecinco, Díaz Ayuso defendeu “o que tenta facer todo o equipo de opinión sincronizada da Moncloa” é acusar o PP dos seus pactos para manterse no Goberno, os cales tachou de "corrupción pura e dura”, e insistiu: “Non escoitei o presidente do PP dicir nada distinto”.

"O PP non falou de ningún tipo de indulto. O que se supón que dixo é que se terían que dar unha serie de situacións que non están a ocorrer”, dixo a presidenta madrileña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade