Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno prepara cambios nos ERTE, que serán de dúas clases: por forza maior e por cambios no sector

O Goberno prepara cambios nos ERTE, que serán de dúas clases: por forza maior e por cambios no sector

A proposta prevé establecer catro tipos, os dous actuais e dous novos: un por motivos estruturais e outro por causas cíclicas

G24.gal 10/11/2021 08:21

O Goberno enviou á patronal e sindicatos o borrador de como van ser os novos ERTE. A proposta prevé establecer catro tipos. Os dous actuais -por forza maior e causas económicas- e dous novos: un por motivos estruturais, como a crise de todo un sector ou cambios tecnolóxicos radicais, e outro por causas cíclicas.

Entre as medidas que establecen prevén que un traballador reciba formación para cambiar de empresa. Esta é a primeira proposta elaborada polos tres ministerios, Traballo, Seguridade Social e Economía, desde que o Goberno acordou un procedemento interno para negociar a reforma laboral.

O Goberno e os axentes sociais empezarán a negociar esta mesma mañá. Pero o presidente da patronal, Antonio Garamendi, rexeitou "o intervencionismo, a menor capacidade de decisión das empresas e máis custos" do novo mecanismo.

A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, insistiu en que o traballo da mesa de diálogo, que volve este mércores a reunirse como é habitual, tense que facer con discreción: "Necesitamos silencio e apagar lumes", dixo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade