O Goberno aproba este martes unha oferta de emprego público de máis de 30.000 prazas
O Goberno aproba este martes unha oferta de emprego público de máis de 30.000 prazas
A estas prazas da oferta ordinaria sumaríanse as correspondentes ás taxas de reposición, co que a cifra total podería rozar as 50.000
O Goberno expuxo aos sindicatos unha oferta de emprego público para 2023 un 20 % superior á do ano pasado, co que suma así en convocatoria ordinaria máis de 30.000 prazas para a Administración Xeral do Estado.
A oferta selouse nun acordo con UXT e CSIF e que CCOO rexeita.
UXT sinala que a oferta de emprego é "adecuada para satisfacer a prestación dos servizos públicos" e apunta que o acordo impulsa procesos para reducir a temporalidade no sector público ao 8%.
Ademais, o sindicato destaca que ese acordo subscrito inclúe a convocatoria de 2.000 prazas de "necesaria e urxente cobertura" na Administración da Seguridade Social e detalla que a oferta incluirá prazas dedicadas á xestión do ingreso mínimo vital.
Segundo UXT, as convocatorias dos procesos selectivos da oferta de emprego para 2023 deberán publicarse antes do 31 de decembro de 2023.
CCOO explicou que non asina o acordo "por carecer de datos concretos sobre a OEP 2023 e porque o documento que se presenta non garante o servizo público á cidadanía".
A oferta, que debería estar aprobada no primeiro semestre do ano, incluirá postos de ingreso libre e de promoción interna, segundo avanzaban fontes de CCOO que apuntaba a esas máis de 30.000 prazas.
"Cada ano temos a maior oferta de emprego público da historia e seguimos perdendo emprego", denunciaron desde CCOO, sindicato que pide outras medidas como reconvocar as prazas vacantes, maior celeridade nos procesos selectivos e a cobertura con persoal interino para "frear a constante perda de emprego na Administración Xeral do Estado".
O Goberno, que se reuniu este luns cos principais sindicatos de Función Pública, aprobará previsiblemente este martes no Consello de Ministros o real decreto coa oferta.
A estas prazas da oferta ordinaria sumaríanse as correspondentes ás taxas de reposición, co que a cifra total podería rozar as 50.000.
A oferta de emprego ordinaria de 2022 incluíu 15.800 prazas de acceso libre e 9.591 para promoción interna.