Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno propón abaratar a matrícula do alumnado do sexo minoritario en cada carreira

O Goberno propón abaratar a matrícula do alumnado do sexo minoritario en cada carreira

 Busca atallar a fenda de xénero nas universidades

 

Alumnos da Facultade de Bioloxía de Santiago
G24.gal 28/03/2023 14:49 Última actualización 28/03/2023 16:05

 "Na miña opinión, calquera home e calquera muller poden facer calquera carreira", comenta un universitario


Iso sería o desexable nunha sociedade do século XXI, pero a realidade é ben distinta. Segue habendo carreiras case exclusivamente de mulleres e outras copadas polos homes.

 "En Informática había 8 mulleres no meu ano e o resto eramos todos homes, sobre uns 50 homes, ou así, por exemplo", apunta outro.

É por iso que dende o Goberno están buscando solucións para atallar ese desequilibrio máis propio doutros tempos. 

"Poderíase pensar, por exemplo, en reducir o prezo das matrículas á parte que nos falta, non?, sexan homes ou sexan mulleres, é dicir, xerar un incentivo de carácter económico", explica Joan Subirats, ministro de Universidades.

Preguntamos na rúa sobre esta proposta

"Eu creo que é cuestión máis de educación e non só de cartos".

"É máis cambiar eses roles dende máis pequenos e non tanto abaratar a universidade agora de maiores".

Para levar adiante esta proposta, o Goberno quere contar coa complicidade das comunidades autónomas e tamén coa dos reitores das Universidades.

"É moi importante ver como se artella, porque isto poder ter ao mellor outras consecuencias pois que ao mellor non sexan tan razoables. Hai que velo de momento é unha idea que se pon enriba da mesa, pero non hai ningunha concreción. Imos agardar un pouquiño máis", comenta Antonio López, reitor da Universidade de Santiago

"Eu non vexo como pode axudar, pero dende logo estudarémola con coidado", opina Manuel Joaquín Reigosa, reitor da Universidade de Vigo

"Se do que se trata é de conseguir o equilibrio, benvido sexa. Haberá que ver as medidas e como se implementan e todas as axudas que poidamos ter para conseguir ese obxectivo, pois serán benvidas", engade Julio Abalde, reitor da Universidade da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade