O Goberno quere incentivar a continuidade no mercado laboral de xubilados parciais e autónomos
O Goberno quere incentivar a continuidade no mercado laboral de xubilados parciais e autónomos
A Seguridade Social quere aplicar o complemento por atrasar a retirada do mercado laboral aos traballadores que teñen unha xubilación parcial
Tamén aos autónomos, especialmente aos que teñen asalariados
A día de hoxe cando a idade de xubilación está nos 64 anos o 40 por cento das xubilacións seguen sendo anticipadas.
O Goberno pretende, para sanear as contas das pensións, incentivar os xubilados a tempo parcial a que se manteñan máis tempo no mercado laboral.
A xubilación activa permite compatibilizar a cobranza da pensión cun traballo por conta allea ou propia, mentres que a xubilación parcial é a que se produce máis aló dos 60 anos mantendo un contrato de traballo a tempo parcial e habitualmente vinculada a unha substitución.
Os autónomos poderían chegar a cobrar o cen por cento da pensión de xubilación e seguir traballando. Será só nalgúns casos e co obxectivo de que non pechen o negocio e deixen no paro máis traballadores.
O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, avanzou este xoves que vai traballar en redeseñar a xubilación activa e a parcial, elementos que quedaron pendentes no anterior bloque de reformas.