O Goberno quere prohibir fumar en terrazas e vehículos
As medidas buscan reducir o consumo de tabaco
Afectan tamén o cigarro electrónico
Hai hábitos que impuxo a pandemia que non gustan por igual, pero que parece que chegaron para quedar.
É o caso da prohibición de fumar nas terrazas de hostalería, algo que está a xerar polémica na rúa.
Para algúns: "Se hai unha parella aí na mesa do lado fumando eu teño que marchar porque se non tamén fumo eu".
Outros explican: "Non pasa nada se estás na túa mesa ao aire libre; xa non digo no interior, pero fóra...".
Prohibición de fumar nos vehículos privados
Ademais o Ministerio de Sanidade baralla outras iniciativas para poñer freo ao consumo de tabaco. Entre elas a prohibición de fumar nos vehículos privados.
Algunhas persoas pensan que "iso xa é cousa de cada un, pero fumar nun espazo pechado é ridículo", e outras din que as fastidia porque son fumadora pero que o ven ben.
O avogado Juan Ramón Camacho dixo: "Estamos a falar de liberdades fundamentais, e fumar nun espazo privado limita iso, así que, non vai ser doado".
Recurso de amparo no Tribunal Constitucional
Dependendo de como se redacte a norma, pode entrar a avaliar o tribunal constitucional, a través dun recurso de amparo, ata onde poden chegar as limitacións de liberdades como fumar.
Sesenta mil persoas morren cada día en España por doenzas relacionadas co consumo de tabaco. Reducilo nun 30 % de aquí ao 2025 é o obxectivo destas medidas.
O pneumólogo Hugo Gómez di: "O tabaco está detrás de patoloxías tan importantes e prevalentes coma a EPOC, que é a cuarta causa de morte en España, ou o cancro de pulmón, que é a sétima".
Publicidade encuberta
O cambio normativo tamén recolle un aumento do prezo do tabaco e o couto á publicidade encuberta a través das redes sociais.