O Goberno ratifica o vigués Rubén Pérez como secretario de Estado de Mocidade e Infancia
O Goberno ratifica o vigués Rubén Pérez como secretario de Estado de Mocidade e Infancia
Licenciado en Historia pola USC, técnico especialista e posgrao en Loxística e Produción, participou na posta en marcha das mareas municipalistas
O Consello de Ministros ratificou este martes o nomeamento de Rubén Pérez Correa como secretario de Estado de Mocidade e Infancia.
Correa (Vigo, 1977), licenciado en Historia pola USC e técnico especialista e posgrao en Loxística e Produción, participou na posta en marcha das mareas municipalistas que en 2015 irromperon nos concellos galegos, no seu caso, na oposición da corporación viguesa que lidera Abel Caballero (PSOE) con maioría absoluta.
Antes de asumir responsabilidades federais baixo a dirección de Alberto Garzón, Rubén Pérez foi secretario de Organización de Esquerda Unida-Izquierda Unida con Yolanda Díaz como coordinadora galega de EU-IU. Á fronte destas responsabilidades, foi un dos artífices das alianzas da esquerda rupturista cunha parte do nacionalismo galego que desembocou na formación En Marea, agora disolta tras lograr 14 deputados e ser a segunda forza máis votada en Galicia.