Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno nomea de novo a Mercedes González directora xeral da Garda Civil

O Goberno nomea de novo a Mercedes González directora xeral da Garda Civil

González regresa a un posto ao que renunciara en xullo de 2023 para ir nas listas do PSOE

O Consello de Ministros aprobou o cesamento do actual director, Leonardo Marcos, que dimitiu por motivos persoais

Arquivo / Alberto Ortega / Europa Press Arquivo / Alberto Ortega / Europa Press
G24.gal 17/09/2024 11:25 Última actualización 17/09/2024 11:53

O Consello de Ministros nomea este martes a Mercedes González nova directora xeral da Garda Civil. Faino a proposta do ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska. 

González relevará a Leonardo Marcos, que ocupaba a dirección xeral da Garda Civil desde hai pouco máis dun ano e presentou a súa renuncia por motivos persoais, informaron a EFE fontes gobernamentais. A súa intención é reincorporarse ao Corpo Superior de Administradores Civís do Estado.

González, que xa estivo á fronte do corpo dous meses en 2023, foi delegada do Goberno en Madrid e onte mesmo deixou a súa acta de deputada.

Cuarta remuda en ano e medio

Mercedes González regresa á rúa Guzmán el Bueno para dirixir de novo o Instituto Armado tras pechar un primeiro mandato, o máis curto no corpo en democracia.

González dimitiu en xuño de 2023, tan só dous meses despois da súa toma de posesión ao coñecerse que ía como candidata número dez na lista polo PSOE ao Congreso nas eleccións xerais do 23 de xullo de 2023.

Madrileña de 49 anos e licenciada en Xornalismo, Mercedes González foi delegada do Goberno en Madrid desde marzo de 2021 ata o seu nomeamento como directora da Garda Civil en marzo de 2023.

Fora tamén concelleira do concello de Madrid entre 2025 e 2021 e o seu nome soou con forza como candidata do PSOE á alcaldía da capital, pero finalmente o partido optou pola ministra de Industria, Reyes Maroto.

Trátase da cuarta substitución á fronte do corpo nun ano e medio. O 22 de marzo de 2023 María Gámez, primeiro muller en dirixir ao Garda Civil, dimitiu tras coñecerse a investigación xudicial ao seu marido en relación coas supostas irregularidades en adxudicacións da Junta de Andalucía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade