O Goberno saca peito polo dato da inflación de marzo
O Goberno saca peito polo dato da inflación de marzo
O executivo fala dun dato esperanzador froito das "políticas postas en marcha"
O PP aféalle o triunfalismo e advirte de que a baixada se debe só a un efecto estatístico
O Goberno non disimula a ledicia pola baixada da inflación. Este dato "é o mellor desde agosto do pasado ano", lembra a ministra de Facenda, María Jesus Montero. Montero garante que o Goberno seguirá "monitorizando os prezos dos alimentos" pero defende que "estamos camiñando correctamente".
Nese bo camiño coinciden todos os ministros, pero algúns poñen peros. É o caso de Yolanda Díaz. A vicepresidenta primeira e ministra de Traballo recoñece que "queda camiño por percorrer, o que ten que ver coa cesta da compra necesita que sigamos traballando".
Díaz insiste que empresarios teñen que arrimar máis o ombreiro porque "necesitamos medidas que melloren as posibilidades de alimentación das familias españolas" e lembra que as súas marxes de beneficio seguen subindo, tal e como recolle un "informe do Banco de España"
No PP di que non hai nada que celebrar. Feijóo aféalle ao Executivo o triunfalismo "porque os datos din que os prezos non baixaron, só que subiron menos". Os de Feijóo responsabilizan o Goberno de que a cesta da compra siga polas nubes. Entre outras cousas porque non se baixa o IVE da carne, peixe e conservas.
O Executivo, por agora, non dará ese paso. Di que as medidas que puxeron en marcha xa dan resultados e hai que seguir analizando a evolución dos prezos.
A Federación Nacional de Comunidades de Regantes pide rebaixar os custos de produción para poder abaratar a cesta da compra.