Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno segue a buscar apoios para aprobar no Congreso a reforma laboral

O Goberno segue a buscar apoios para aprobar no Congreso a reforma laboral

Partidos coma EH Bildu e ERC consideran "insuficiente" o texto pactado entre o Goberno, a CEOE e os sindicatos

O PNV reitera a súa negativa a apoiar o acordo se non inclúe a blindaxe dos convenios sectoriais autonómicos

G24.gal 30/01/2022 21:07

Manifestacións en distintas cidades españolas contra a reforma laboral acordada entre o Goberno, a CEOE e os sindicatos UGT e CCOO. 

Entre as marchas máis numerosas as de Vitoria, San Sebastián e Bilbao. Milleiros de persoas saíron á rúa para amosar o seu rexeitamento a esta reforma laboral por perpetuar, din, a "precarización" e por "non recuperar dereitos dos traballadores".

O Congreso dos deputados someterá o vindeiro xoves a votación o texto aprobado polo Goberno, tras nove meses de negociacións entre o executivo e os axentes sociais.

O Executivo segue a negociar coas forzas parlamentarias para acadar os apoios necesarios que aínda non ten. A ministra de Traballo Yolanda Díaz volvía asegurar nas últimas horas que esperan sacar adiante a reforma.

Partidos como EH bildu e ERC consideran o texto "insuficiente" e o PNV este domingo reiteraba a súa negativa a apoiar ese acordo se non inclúe a blindaxe dos convenios sectoriais autonómicos. 

O PNV acusa ademais a patronal de ter "de refén o Goberno e o Congreso" coa reforma laboral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade