Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno segue buscando apoios á reforma laboral 24 horas antes da súa votación

O Goberno segue buscando apoios á reforma laboral 24 horas antes da súa votación

ERC, PNV e EH Bildu mantéñense no non

O texto podería saír adiante con Ciudadanos e varios partidos minoritarios

Sánchez non descarta ningún voto para validar a reforma laboral

G24.gal 02/02/2022 14:44

Sen o presidente nin o líder da oposición no hemiciclo, a sesión de control deste mércores converteuse na previa do pleno de mañá. A vicepresidenta primeira volveu pedir "un apoio unánime deste parlamento á reforma laboral". Nadia Calviño agarda que "a responsabilidade prime mañá cando as súas señorías teñan que votar".

Non haberá unanimidade, pero o Goberno agarda sacala adiante. "Se non estivese aquí Ciudadanos, xa estarían vostedes cedendo á chantaxe das concesións dos nacionalistas e dos separatistas", aseguraba o voceiro do partido. Edmundo Bal opina que os nacionalistas "están molestos" e cre que Nadia Calviño "tamén se alegra un pouco disto".

Tamén o PP aludía ás diferenzas estratéxicas entre Calviño e Díaz. O secretario xeral do partido recordáballe á vicepresidenta segunda "aquel día en que prometeu que se ía derrogar a reforma laboral, e a súa compañeira mirou ao ceo". Cre Teodoro García Egea que "que as pregarias da señora Calviño foron escoitadas" porque "non derrogaron a reforma laboral do PP, simplemente maquillárona para empeorala".

Respondeulle a ministra de Traballo pedíndolle ao PP "se a reforma laboral actual non cambia nada, mañá vote a favor da mesma".

Nos corredores do Congreso, Yolanda Díaz volvía apelar a Esquerra Republicana, que se mantén no non. "Os grupos políticos que voten en contra van terlle que explicar aos traballadores deste país porque o venres se van erguer con menos dereitos que os que hoxe teñen", aseguroulle aos xornalistas.

Pero os nacionalistas cren que "a responsabilidade non é de ERC nin de ninguén que vaia votar en contra disto, é de quen non quere negociar". O voceiro de ERC, Gabriel Rufián cre que "hai quen se pasou de freada, quen cría que nos ía presentar algo e iamos asinar como se fosen as táboas de Moisés".

Opinión semellante ten o voceiro de EH Bildu. Para Oskar Matute, "se non hai escenario posible para verter as túas opinións e posicións, pois é difícil que haxa negociación".

Mañá podería romper o bloque da investidura e o Goberno saca a calculadora porque os números van moi axustados. A votación pode depender de partidos minoritarios como UPN, con dous deputados. Un deles, Carlos García Adanero, asegura que "é posible todo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade