Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno vai crear permisos para acompañar persoas en risco de suicidio

O Goberno vai crear permisos para acompañar persoas en risco de suicidio

A licenza será de, como máximo, 15 días e non suporá que o acompañante teña unha diminución do salario

A medida parte dunha proposición do grupo e Más País no Congreso e que o partido de Errejón pactou co Ministerio de Inclusión

Sanidade crea a liña 024 de atención á conduta suicida

EFE 18/04/2023 10:08

O Goberno vai implantar permisos de acompañamento a persoas en risco de suicidio, unha proposición non de lei de Más País que aprobou o Congreso o pasado 23 de febreiro, segundo confirmaron a EFE fontes do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migración e do partido de Ínigo Errejón.

O ministro de Inclusión, José Luis Escrivá, e o portavoz de Más País no Congreso, Íñigo Errejón, reuníronse na tarde de onte para acordar os traballos técnicos para poñer en marcha o futuro permiso de acompañamento a persoas en risco de suicidio.

O líder de Más País informará deste acordo nunha conferencia de prensa esta mañá no Congreso dos Deputados.

O Goberno analizará coa patronal e os sindicatos este novo tipo de permiso laboral para que as persoas "en situacións puntuais de risco inminente de suicidio" poidan ser "acompañadas e coidadas".

O permiso, segundo a proposta parlamentaria, duraría quince días como máximo e non implicaría diminución no salario para o acompañante.

O suicidio mantívose en 2022 como a primeira causa de morte externa, con 4.003 falecementos.

Segundo fontes de Más País, a evidencia mostra que o acompañamento estreito por parte de persoas da súa contorna é unha das ferramentas máis importantes para axudar ás persoas en risco de suicidio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade