Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno declarará catastróficas as zonas dos grandes incendios

O Goberno declarará catastróficas as zonas dos grandes incendios

A medida será aprobada no Consello de Ministros deste martes, tal como anunciou Pedro Sánchez na súa visita á Comunidade Valenciana

No que vai de ano, os grandes incendios xa queimaron máis de 223.000 hectáreas e tiveron que ser desaloxadas más de 270.000 persoas

Os incendios de Bejís (Castelló) e Vall d'Ebo (Alacant) están controlados

Pedro Sánchez durante a súa visita ás zonas afectadas polo incendio de Bejís (EFE Domenech Castelló)
G24.gal 22/08/2022 13:47 Última actualización 22/08/2022 20:39

Tras máis dunha semana de intensa actividade dos diferentes medios aéreos e terrestres de extinción de incendios forestais en Bejís (Castelló) e de Vall d'Ebo (Alacante), o lume parece dominado e algúns efectivos empezaron a retirarse este luns, mentres o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, visitaba a comarca de Alto Palancia, unha das zonas afectadas.

O incendio de Bejís, que arrasou unhas 19.000 hectáreas durante a última semana, deuse por estabilizado onte á noite. Con todo, un medio aéreo mobilizouse esta tarde á zona de El Toro (Castelló), onde os rebrotes están a reproducirse desde a fin de semana.

O lume, que se iniciou por un raio o pasado 15 de agosto e alcanzou uns 140 quilómetros de perímetro, deixou un mar de piñeiros calcinados e un chan negro aínda fumarento, que pode provocar rebrotes en calquera momento.

O incendio está estabilizado, o que permitiu a retirada da Unidade Militar de Emerxencias (UME) da zona, pero permanecen efectivos para labores de refresco e evitar a reprodución de calquera foco.

Mentres os veciños de Bejís, Torás, Teresa, Sacañet, Alcublas, Altura e Andilla que foron desaloxados foron regresando ás súas vivendas, a maioría a salvo do lume, pero que en moitos sitios quedou ás portas das poboacións.

O Consello de Ministros aprobará este martes a declaración como zonas gravemente afectadas por unha emerxencia de protección civil, máis coñecida como zona catastrófica todos os territorios que sufriron este ano importantes incendios, segundo anunciou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

Sánchez fixo estas declaracións tras visitar este luns as zonas afectadas polo incendio forestal de Bejís xunto co presidente da Generalitat, Ximo Puig, e o ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska.

O presidente do Goberno indicou nunha comparecencia ante os medios que os grandes incendios xa afectaron no que vai de ano máis de 223.000 hectáreas e que máis de 270.000 persoas tiveron que ser desaloxadas

O presidente do Goberno engadiu que, unha vez que as zonas catastróficas sexan aprobadas, as axudas tramitaranse o máis axiña posible a través das Delegacións de Goberno.

Na comparecencia ante os medios, o presidente do Goberno pediu a todos os grupos parlamentarios que abandonen "calquera tipo de loita partidista" e que apoien "o que é o sentido común": que todas as administracións reforcen a súa cooperación institucional para enfrontarse a "un inimigo común", como o son os incendios.

Sánchez destacou que este real decreto lei, que foi aprobado polo Consello de Ministros o pasado 2 de agosto, cumpre cos acordos da Palma e permitirá reforzar o sistema nacional de protección civil e, así, mellorar a capacidade de prevención na loita contra fenómenos adversos e poder dispoñer de máis medios.

En 2021 arderon unhas 51.000 hectáreas, en 2022 xa se queimaron 223.000

Neste que foi o verán máis caloroso da serie histórica, que comezou en 1961, dixo Pedro Sánchez, o lume foi devastador en España. "Para que nos fagamos unha idea, dixo, o ano pasado arderon en todo o 2021 unhas 51.000 hectáreas, fronte ás 223.000 que xa van calcinadas este ano".

Na comparecencia perante os medios, o presidente do Goberno tamén foi preguntado po incidente do tren no incendio de Bejís. Un tres da liña Sagunto-Caudiel-Teruel-Zaragoza, achegouse demasiado ao incendio e,  cando parou para retroceder, baixaron algúns pasaxeiros tras entrar en pánico. Quedaron feridos 10 pasaxeiros e dous bombeiros.

Sánchez dixo que sobre ese incidente hai aberta unha investigación xudicial  e que hai que agardar polos resultados. Engadiu que o Goberno de España sempre actuará con transparencia e pediu que estes incidentes non se usen con intereses partidistas.

O incendio de Bejís, en Castellón, deixa novas imaxes, tan impactantes coma estas: as dun equipo da Unidade Militar de Emerxencias atravesando en autobús unha estrada rodeada polas lapas. Os propios militares comparan este inferno co do tren que deixou 20 feridos hai unha semana. Neste caso, conseguiron saír sans e salvos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade