Cargando resultados...
O Gordo da Primitiva deixa un premio de case 7 millóns de euros na Coruña
O Gordo da Primitiva deixa un premio de case 7 millóns de euros na Coruña
A administración Torre de Oro (A Coruña) validou o único boleto premiado
Jorge Pérez, rexente da administración onde se validou o premio
G24.gal
20/11/2023 11:21
A administracón Torre de Oro da Coruña foi a encargada de repartir fortuna este domingo, pois o único boleto acertante da Primeira Categoría do Gordo da Primitiva foi validado neste establecimento. A combinación gañadora foi: 02 12 21 48 15, reintegro 4.
Por agora, descoñécese quen é o afortunado, gañador de 6.918.986 millóns de euros. Ao non existir boletos acertantes da segunda categoría, o importe destinado a estas pasa a incrementar o destinado á inmediatamente inferior.
Jorge Pérez, rexenta este negocio, que xa repartía en abril un millón de euros:
"Parbéns ao agraciado ou agraciada, e que o goce".