Publicador de contidos
Publicador de contidos

A deusa fortuna para en Galicia esta semana con tres premios millonarios

A deusa fortuna para en Galicia esta semana con tres premios millonarios

Un boleto da primitiva deixa en Ourense o xoves 13 millóns de euros

Unha administración de Lalín vende un euromillóns e unha bonoloto agraciadas con dous millóns e 350.000 euros

G24.gal 08/04/2023 13:51 Última actualización 08/04/2023 21:38

Galicia está de sorte esta Semana Santa. O xoves o sorteo da primitiva deixaba un novo millonario que se fixo con nada menos que con 13 millóns de euros, tras selar un boleto nunha gasolineira no polígono industrial do Pereiro de Aguiar, en Ourense.

E agora o euromillóns deixa un único acertante de segunda categoría en España. Ese boleto selouse na administración número 2 de Lalín. O premio supera os 350 mil euros.

Pero é que, ademais, nesta mesma administración outro afortunado, gañaba a comezos de semana dous millóns de euros na bonoloto.

Polo de agora, nada se sabe dos novos millonarios. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade