Cargando resultados...
A Primitiva deixa un premio en Marín de case 1,4 millóns de euros
A Primitiva deixa un premio en Marín de case 1,4 millóns de euros
Non se coñece quen foi a persoa que selou o boleto na administración número 3 da vila
Margarita Cabaleiro, loteira da Administración número 3 de Marín
G24.gal
24/09/2023 21:03
Última actualización 24/09/2023 21:53
O sorteo da Primitiva deste sábado deixou un premio de 1.377.570 euros en Marín, cun acertante de primeira categoría.
O boleto foi validado na administración número 3 da vila, pero aínda non se deu a coñecer a persoa agraciada.
É o terceiro boleto millonario que se sela neste despacho.