Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Gozoso Encontro celébrase por primeira vez na Praza de Armas de Ferrol

O Gozoso Encontro celébrase por primeira vez na Praza de Armas de Ferrol

Cos actos relixiosos deste domingo remata unha Semana Santa de contrastes

O mal tempo obrigou a suspender os desfiles do mércores e dous o Xoves Santo

G24.gal 31/03/2024 17:40 Última actualización 31/03/2024 21:50

O Domingo de Resurrección é un día de alegría, luz e esperanza para os devotos. Ferrol celebrou o Gozoso Encontro, a confluencia das tres procesións que atravesan practicamente de xeito simultáneo o centro da cidade.

A Confraría da Mercé foi a primeira en saír. Fíxoo desde a Praza de Amboaxe co paso de María Magdalena. A Confraría da Soidade saíu coa talla de Xesús resucitado desde a concatedral e os confrades das Angustias camiñaron acompañando a imaxe de María Santísima da Luz.

Este ano, o escenario do agardado encontro foi por vez primeira a Praza de Armas, punto de partida da procesión da Resurrección, que as tres irmandades celebran conxuntamente desde 2004.

Ferrol despide unha Semana Santa de contrastes. O mal tempo obrigou a suspender todos os desfiles do mércores e dous dos tres programados para o Xoves Santo. Así e todo, a cidade viviu con ilusión e fervor a celebración máis importante do ano, declarada de Interese Turístico Internacional. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar