Fernández e Prado, entre os mellores nos adestramentos do GP de Indonesia
Fernández e Prado, entre os mellores nos adestramentos do GP de Indonesia
O domingo disputaranse as probas ás 7:00 e ás 10:00 da mañá, en directo pola G2 e G24
Prado, no podio nas dúas últimas carreiras, tentará achegarse ao segundo posto de Jeremy Seewer
Rubén Fernández ten a tiro a quinta posición
Este domingo hai cita co motocrós. Gran Premio de Indonesia de MXGP. Coma sempre, con especial atención a Jorge Prado e Rubén Fernández. Na sesión de adestramentos oficiais os dous galegos estiveron entre os mellores: Rubén foi o terceiro e Jorge o cuarto clasificado, só por detrás do sorprendente Paul Jonass e do líder do Mundial Tim Gajser.
Será a unha hora pouco habitual para o campionato. Toca madrugar porque as probas disputaranse ás 7:00 e ás 10:00 e veranse en directo pola G2 e G24.
Jorge Prado tentará repetir a vitoria que acadou no ano 2019, a última edición que se disputou este grande premio en terras indonesias. Daquela o lucense competía na categoría de MX2. Prado non gaña unha proba desde que o fixera no GP de Portugal. A lesión no hombreiro mermou as súas prestacións pero nas últimas dúas probas xa conseguiu volver a pisar o podio.
Prado é o terceiro na clasificación do Mundial, lonxe de Gajser (a 119 puntos) pero con Jeremy Seewer no punto de mira para chegar á segunda posición (ten 18 puntos menos que o suizo). Pola súa parte o vigués Rubén Fernández atópase no sexto posto e con moitas posibilidades de achegarse ao quinto logo da lesión de Renaux.