O Grove, campo de adestramento de navegación para os militares que marchan á Antártida
O Grove, campo de adestramento de navegación para os militares que marchan á Antártida
"É un mar aberto, é un mar tranquilo. A auga está un pouco máis fría. Podemos aproximarnos á situación que imos ter na baía. Evidentemente a auga non está a cero graos nin hai ventos de 50 quilómetros por hora", explica o xefe da campaña
Chegarán á Antártida en decembro, co verán austral, e a misión de apoiar os científicos da base Gabriel de Castilla. Son 13 militares do Exército de Terra que estes días se adestran no Grove.
"É un mar aberto, é un mar tranquilo. A auga está un pouco máis fría. Podemos aproximarnos á situación que imos ter na baía. Evidentemente a auga non está a cero graos nin hai ventos de 50 quilómetros por hora", explica o tenente coronel Javier Moreno, xefe desta XXXVIII Campaña Antártica.
Todos teñen que saber navegar en condicións extremas, co traxe seco obrigatorio.
"O 90 por cento dos movementos son en auga, dentro da baía. E practicamos os procedementos de entrada e saída da praia, o home á auga con temperaturas máis benignas para que alí poidamos facelo en caso de necesidade", engade o xefe da campaña.
Estarán catro meses nesta base situada na illa Decepción, a catro días de navegación do continente. Os científicos centraranse na fauna, na xeoloxía ou no cambio climático. E eles fan o resto. Hai médico, cociñeiro, mecánico, especialistas en telecomunicacións e responsables de medio ambiente.
A encargada desta área, Cecilia Jorge, destaca a importancia da xestión os resíduos:
"Toda a actividade que fagamos alí ten que respectar o medio natural xa que é un territorio en que non hai practicamente actividade do home"
No equipo hai dez homes e tres mulleres e antes do Grove aclimatáronse no frío nos Pireneos. Este ano, ademais, sumarán 8 militares do mando de enxeñeiros que van mellorar a base do continente xeado.