Publicador de contidos
Publicador de contidos

Procesan seis mandos polas manobras en que morreron dous soldados

Procesan seis mandos polas manobras en que morreron dous soldados

Terán que comparecer no xulgado entre os días 1 e 5 de cada mes

G24.gal 29/07/2024 16:11 Última actualización 29/07/2024 16:20

O titular do Xulgado Togado Militar Central 2 de Madrid, que instrúe a causa da morte de dous soldados nunhas manobras en Cerro Muriano, en Córdoba, ditou auto de procesamento contra seis mandos do acuartelamento.

Segundo o auto emitido este luns, decláranse procesados un capitán, un tenente, un sarxento, un tenente coronel, un comandante e un coronel, aos que, inicialmente, deixa en liberdade provisoria.

O maxistrado que asina o auto requírilles, entre outras medidas, que comparezan no xulgado entre os días 1 e 5 de cada mes ou ben cada vez que sexan requiridos para iso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade