O Guardés gaña con claridade en Elda nun gran partido de Itziar Martínez
O Guardés gaña con claridade en Elda nun gran partido de Itziar Martínez
Vitoria das do Baixo Miño por 25-38
O Porriño perdeu na pista do Aula de Valladolid (30-22)
No balonmán feminino, os dous equipos galegos quedan empatados con oito puntos na táboa despois de sete xornadas. O Mecalia Atlético Guardés venceu na pista do Elda, nun duelo de goleadoras. Once meteu a local Rafaela Gonzalves, e dez Itziar Martínez para as galegas. Pero esta estivo moito mellor acompañada, cos seis goles de María Palomo ou os cinco de Elena Amorés.
O Guardés gañou comodamente por 25 a 38.
Pola súa banda, o Conservas Orbe Rubensa Porriño caeu na pista do Valladolid por 30 a 22.
Aguantaron as galegas ata despois do descanso, a que se chegou con vantaxe dun gol, 14-15. Aínda foron por diante ao inicio da segunda parte, pero un catro a cero para as locais deulles a iniciativa que xa non cederon. Malena Vallés foi a máxima goleadora das galegas, con cinco goles.