Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ibex 35 recupérase un 0,5 % na media sesión e colócase por encima dos 9.000 enteiros

O Ibex 35 recupérase un 0,5 % na media sesión e colócase por encima dos 9.000 enteiros

Viuse afectado pola crise financeira nos EUA, nunha xornada en que o foco de atención tamén estará no IPC estadounidense

G24.gal 14/03/2023 09:42

Despois da sesión de onte onde se vi afectado pola intervención nos EUA do Silicon Valley Bank e do Signature Bank, a banca hoxe moderaba as súas caídas.

Así, Banco Sabadell caía un 0,96 %; Unicaja Banco, un 0,84 %; Santander, un 0,79 %; BBVA, un 43 %; e Bankinter, un 0,07 %. CaixaBank, pola súa banda, rexistraba un avance do 0,83 %, mentres que o pechacancelas era Mapfre, cun descenso do 1,63 %.

As maiores subas na media sesión dentro do Ibex 35 son para Merlin (+2,91 %), Colonial (+2,84 %), Naturgy (+2,48 %), Endesa (+2,328 %) e Aena (+1,95 %).

Doutra banda, o mercado estará pendente do dato de IPC de febreiro nos Estados Unidos. Prevese que a taxa xeral se modere ao 6 % e a subxacente, ao 5,5%, aínda que será relevante o nivel que alcance a inflación dos servizos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade