Publicador de contidos
Publicador de contidos

O incendio de Cenlle segue activo e ameazou viñedos do Ribeiro

O incendio de Cenlle segue activo e ameazou viñedos do Ribeiro

Quedou controlado o incendio de Melón e estabilizado o de Oímbra

G24.gal 30/08/2022 20:49

Os equipos de extinción adentráronse nuns viñedos do Ribeiro para intentar evitar que os arrasen as lapas. O incendio forestal que comezou na tarde do luns no concello de Cenlle entrou nos terreos de Viña Reboreda e ameazaba os cultivos doutras adegas.

"Afectou só este. Queimoulle todo o lateral das viñas arredor e xa non serven para nada. Replantar outra vez. Outros viñedos que hai por aí non chegou a eles aínda", explicaba a xente do lugar.

Segundo Medio Rural a evolución do lume é agora favorable. O foco principal do incendio está nunha zona moi abrupta, con penedos e grandes pendentes e de moi difícil acceso.

"Aí non entra ninguén, imposible entrar aí", explica un veciño.

Para que entendamos a dificultade do terreo, unha muller compárao coa pendente da Ribeira Sacra coa única diferenza de que non hai río

"É inaccesible, se non o apagan as avionetas, imposible", apunta un home.

A xente do Ribeiro está triste e moi preocupada.

"É de pánico. Unha cousa é dicilo e outra velo alí. Non sabe ben a pena que é. Podían ter mandando limpar antes para que non haxa estes problemas", quéixase unha muller en Cenlle.

A última hora da tarde quedou controlado o incendio que queimou durante este martes 75 hectáreas no concello de Melón, tamén na comarca do Ribeiro. Xa a primeira hora do día  deran por estabilizado o que entrou desde Portugal na tarde do luns e consumiu 140 hectáreas de monte no concello de Oímbra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade