Publicador de contidos
Publicador de contidos

O incendio forestal de Zamora calcinou xa preto de 20.000 hectáreas

O incendio forestal de Zamora calcinou xa preto de 20.000 hectáreas

O lume na Serra da Culebra continúa en nivel 2 de risco

Regresan veciños de 7 dos 14 municipios desaloxados 
                
 

G24.gal 18/06/2022 14:54 Última actualización 18/06/2022 22:14

Tras varias xornadas de calor extremo en gran parte da Península, os incendios forestais continúan castigando varias comunidades autónomas. 

En Zamora, o lume que afecta á Serra da Culebra continúa en nivel 2 de risco. Calcinou xa 20.000 hectáreas. Durante toda a noite, os servizos de extinción seguiron traballando para intentar controlar unhas lapas que afectaron a varios núcleos de poboación. 

Unha das últimas vilas afectadas polo incendio é Otero de Bodas, onde os seus habitantes foron evacuados durante este sábado.

Dos 14 municipios que foran desaloxados, en sete deles os veciños puideron regresar finalmente ás súas casas este sábado, unha vez que desapareceu o perigo e se rebaixou a intensidade do fume.

Incendio en Lleida

En Lleida, os bombeiros da Generalitat lograron estabilizar o incendio forestal de Lladurs, e impedir así que avanzasen as lapas que ameazaban con queimar preto de 50.000 hectáreas de masa forestal.

Os equipos de extinción redobran esforzos no lume que afecta a Artesa de Segre, onde se teme que o vento do sur reavive as lapas.

O lume xa queimou preto de 1.700 hectáreas. Participan na súa extinción uns 70 efectivos terrestres e unha decena de medios aéreos.

Os traballos céntranse na zona nordeste do incendio e estase pendente do comportamento das lapas no flanco noroeste, na que se traballou durante toda a noite, coas condicións meteorolóxicas máis favorables.

Lume en Castelló

En Castelló, medios aéreos e terrestres seguen traballando para combater o lume declarado onte no municipio de Viver e que se estendeu ao de Caudiel.

Seguen desaloxados os veciños das vivendas mais próximas á zona afectada. Onte ordenábase tamén o confinamento de parte da localidade de Caudiel, moi afectado polo fume.

Toledo e Aragón

En Toledo, o lume que obrigou a desaloxar un parque de ocio xa pasou este sábado a nivel 0 e dáse por estabilizado.

No municipio de Nonaspe, en Aragón, o incendio afecta xa a máis de 1.700 hectáreas, segue activo e sen controlar, unhas 36 persoas foron desaloxadas dun cámping. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade