Publicador de contidos
Publicador de contidos

O incendio nun alboio de Vilaboa deixa estragos materias

O incendio nun alboio de Vilaboa deixa estragos materias

O sinistro desencadeouse, supostamente, ao alcanzar a chispa dunha motorrozadora unha garrafa de gasolina que estaba preto

Imaxe da extinción do incendio nun alboio de Borrateiros, en Vilaboa Imaxe da extinción do incendio nun alboio de Borrateiros, en Vilaboa
G24.gal 09/07/2024 13:13

Estragos materiais foi o que deixou un incendio acontecido este luns á tarde nun alboio da localidade de Borrateiros, no concello de Vilaboa.

O lume orixinouse cando un home manipulaba unha motorrozadora, concretamente a buxía, nunha operación de mantemento. Supostamente, a chispa alcanzou unha garrafa de gasolina que estaba próxima e desencadeouse o incendio.

Interviñeron en primeiro lugar efectivos de Protección Civil de Vilaboa provistos dun extintor e completaron o traballo de apagado bombeiros do parque do Morrazo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade