Publicador de contidos
Publicador de contidos

O incendio nunha nave en Bergondo obriga a cortar a estrada de Ferrol

O incendio nunha nave en Bergondo obriga a cortar a estrada de Ferrol

A Xunta activou o nivel máximo neste lume declarado nunha nave de cosméticos do polígono industrial

G24.gal 16/07/2022 21:27 Última actualización 16/07/2022 22:19

Unha gran fumareda no polígono industral de Bergondo avisaba dun importante incendio. O lume declarouse a nave de cosméticos Anfer, e a perigosidade do material almacenado no interior acelerou a urxente intervención dos Bombeiros de bertanzos. coa axuda de protección Civil de Bergondo.

O fume na zona obrigou a cortar a estrada AC-164 con Ferrrol. A Xunta activou o plan Platerga co nivel 1 por incendio industrial. O lume a estas horas xa estraía controlado, pero os bobeiros de Betanzos recibiron o apoio dos da Coruña e de Arteixo.

Cinco camións dos bombeiros edsprazaronse ata o lugar para traballar na extinción das lapas.

A nave de cosméticos afectada colinda con outras parcelas industriais e agora traballan para evitar que o fogo se propague a outras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade