Publicador de contidos
Publicador de contidos

O incendio nunha vivenda abandonada alarma os veciños de Beiramar, en Vigo

O incendio nunha vivenda abandonada alarma os veciños de Beiramar, en Vigo

Trátase do segundo lume nunha casa ocupada en menos de 24 horas

Os veciños alertaron os bombeiros despois ver o intenso fume que saía da vivenda 

G24.gal 03/07/2024 14:48

Os Bombeiros de Vigo tiveron que sufocar dous incendios en menos de 24 horas en casas abandonadas. O último tivo lugar na zona de Bouzas. Cando chegaron ao lugar o lume estaba moi virulento. A vivenda, envolta en lapas, supoñía un perigo para os inmobles contiguos, polo que actuaron con rapidez para garantir a seguridade.  

Foron os veciños os que alertaron aos servizos de emerxencias. Alarmáronse por un estoupido e polo intenso fume que saía do inmoble. Afortunadamente non se rexistraron danos persoais.

Na vivenda reside un ocupa que puido saír a tempo. Todo apunta que o lume se desencadeou por un descoido. Aos veciños o incendio non lles colleu por sorpresa. Din que os altercados nesta rúa son constantes. 

Trátase do segundo lume nunha casa abandonada rexistrado en Vigo, en menos de 24 horas. Onte os Bombeiros tamén tiveron que sufocar un incendio nunha vivenda ocupada de dous andares, no barrio de Teis. A Policía investiga o suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade