O incremento de viaxeiros satura os trens
O incremento de viaxeiros satura os trens
O venres algo máis de 153.000 persoas utilizaron o transporte público en Galicia
Este venres algo máis de 153.000 persoas utilizaron o transporte público en Galicia. É a cifra máis alta desde que se puxo en marcha o plan de transporte autonómico. Un incremento de usuarios que coincide co comezo do curso escolar e provoca que, sobre todo nas horas punta, os trens circulen completos e resulte case imposible atopar un oco.
Un usuario asegura que "ao principio do curso adoita estar bastante apertado para coller un asento". Outro engade: "O domingo collo praza para toda a semana, e así evito calquera día que teña calquera contratempo quedar sen praza un día e perder clases".
A maior demanda concéntrase nas primeiras frecuencias da mañá e nas tardes de venres e domingo. "Depende do horario. Eu viaxo co bono e depende das horas si que hai algunhas máis solicitadas", asegura un viaxeiro. "Adoitamos organizar con tempo as viaxes. Non acostumamos ter ningún problema, non", engade outro.
Renfe di que ten circulando todo o material dispoñible e a Xunta aprema as compañías de autobuses a que aumenten as frecuencias e o tamaño dos vehículos para absorber o incremento da demanda.