O INE confirma que a economía creceu 0,8 % no segundo trimestre e sobe ao 3,1 % a taxa anual
O INE confirma que a economía creceu 0,8 % no segundo trimestre e sobe ao 3,1 % a taxa anual
A variación interanual aumenta seis décimas con respecto ao trimestre precedente
O ministro de Economía di que as cifras cumpren coas previsións
O Instituto Nacional de Estatística (INE) confirmou que a economía española creceu un 0,8 % no segundo trimestre, unha taxa unha décima inferior á do trimestre anterior (0,9 %), debido á boa marcha do consumo dos fogares.
CNTR. T2/2024 @es_INE
— INE España (@es_INE) September 27, 2024
El #PIB registró una variación del 0,8% en el trimestre 2 respecto al trimestre anterior en términos de volumen. Esta tasa fue 1 décima inferior a la del T1 de 2024
Nota de prensa
👇https://t.co/0K2bQNtjp8
Resultados ➡️https://t.co/u5guWqthpz#INE #economía pic.twitter.com/RAlGuKy8Xp
Segundo os datos de contabilidade nacional publicados este venres polo INE, o crecemento sustentouse na demanda nacional, que achegou 0,7 puntos, e en menor medida na demanda externa (exportacións e importacións), que contribuíu con 0,1 puntos.
O consumo das familias aumentou un 1 %; as exportacións e o consumo das administracións públicas, un 0,7 % en ambos os dous casos; e o investimento empresarial, un 0,3 %.
O investimento en vivenda retárdase, xa que só aumentou un 0,5 %, un dato que contrasta co incremento de case o 3 % do primeiro trimestre.
Por sectores, o da agricultura foi o único que caeu, un 2,9 % (fronte ao incremento do 4,4 % do trimestre anterior), ademais das actividades inmobiliarias, un 1,7 %, mentres que creceron os servizos, un 1,2 %, e a industria, un 1,1 %.
As actividades con mellor comportamento no segundo trimestre foron o comercio, o transporte e a hostalería (2,6 %), información e comunicacións e actividades financeiras e de seguros, en ambos os casos crecen un 2,1 %, e as actividades profesionais, científicas e técnicas (2 %).
Cuerpo di que as cifras cumpren coas previsións
Tras coñecer estes datos e en declaracións en RNE, o ministro de Economía, Comercio e Empresa, Carlos Cuerpo, destacou que as cifras confirman que se está "en liña de cumprir coas previsións".
"A evolución positiva da macro é condición necesaria para que se traslade ao día a día dos cidadáns", engadiu Cuerpo, que destacou o mellor comportamento da economía española na comparativa europea e subliñou o papel das medidas adoptadas polo Goberno para aliviar a inflación e apoiar o crecemento.
Evolución interanual
A variación interanual do PIB foi do 3,1 % este trimestre, seis décimas máis que o do trimestre precedente, e encadea trece trimestres á alza, detalla o INE.
A demanda nacional contribuíu con 2,4 puntos ao crecemento interanual e a demanda externa achegou 0,7 puntos.
CNTR. T2/2024 @es_INE
— INE España (@es_INE) September 27, 2024
La variación interanual del #PIB fue del 3,1%, frente al 2,5% del trimestre precedente. La demanda nacional aportó 2,4 puntos y la externa contribuyó con 0,7 puntos
Nota de prensa
👇https://t.co/0K2bQNtjp8
Resultados ➡️https://t.co/u5guWqthpz#INE #economía pic.twitter.com/p2LJrjDe3q
Por agregados, o gasto en consumo final moderouse unha décima respecto ao trimestre anterior ao crecer un 2,9 % interanual. O dos fogares acelerou tres décimas, ao presentar unha taxa dun 2,5 %, e o das Administracións Públicas rexistrou unha taxa do 4,0 %, 1,1 puntos menos que no trimestre precedente.
As exportacións de bens e servizos presentaron unha taxa interanual do 2,6 %, o que supuxo 1,1 puntos máis que no primeiro trimestre. Pola súa banda, as importacións rexistraron unha variación do 0,9 %, taxa dúas décimas superior á do trimestre precedente.
Desde a óptica da oferta, todos os grandes sectores de actividade presentaron taxas interanuais positivas. Así, o valor engadido bruto das ramas industriais aumentou un 3,7 %, e dentro das mesmas, a industria manufactureira fíxoo nun 5,2 %.
O valor engadido bruto da construción creceu un 2,5 % respecto ao segundo trimestre de 2023, o dos servizos un 3,7 %, e o das ramas primarias un 5,1 %.